Foto: Xenaro Martínez Castro

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-185
Clasificación Genérica Pratería; Obxectos devocionais; Escultura
Objeto/Documento Escultura
Autor/a Talleres de Cuzco [ Talleres prateiros da zona de Cuzco, Puno ou Arequipa]
Materia/Soporte Prata
Técnica Cicelado
Fundición
Dimensiones Longo = 40 cm; Alto máx = 42 cm; Ancho máx = 17 cm
Descripción Escultura ecuestre de Santiago na que xinete e cabalo se elaboraron por separado.
A figura do Apóstolo recréase con rostro sereno, con barba e longa melena cuberta cun sombreiro de ampla aba decorado cunha pluma (hoxe desaparecida), e ataviado como un cortesán, con calzas, casaca cinguida á cintura e botas de montar. Brande na súa man dereita unha espada flameante mentres que coa esquerda domina as rendas resoltas a xeito de cadea. Tanto o sombreiro como a espada son igualmente desmontables.
Á súa vez, o desproporcionado cabalo, erguido en posición de corveta sobre as súas patas traseiras, presenta un coidado tratamento na representación da pelaxe, en especial da crina que se volta ó seu lado esquerdo, no coxín con borlas sobre o que se asenta a imaxe de Santiago, así como nas rendas, pasadores e estribos que compoñen a súa gornición.
A figura masculina de reducidas dimensións (resultado de aplicar a perspectiva xerárquica) sobre a que repousan as patas dianteiras do cabalo representa a un "herexe", posiblemente "español", tocado cun pucho de aba curta e volta cara á parte baixa, e vestido con calzas e casaca curta cinguida á cintura. A súa forzada postura, cos puños apertados sobre o peito (en actitude de rabia ou protesta) e a colocación inestable das pernas, cruzadas e dobradas, parece indica-lo momento inmediatamente anterior a ser derrubado polo animal.
A decoración xeral, consistente nun burelado ou a base de estampación de matrices, foi realizada na fase final previa ao acabado definitivo, o cal contribuía a disimular mesmo as superficies de solda das pezas.
Iconografia Santiago Mataespañois
Datación 1834=1866 (2º tercio s. XIX.)
Lugar de Producción/Ceca Perú (América do Sur, América) [Probablemente Cuzco ou zona próxima como Arequipa. Perú]
Uso/función Devocional / Político.
Detrás da aparente función devocional, escóndese un claro uso político xa que na época na que esta tipoloxía foi común o contexto histórico enmarcaríaa na época da independencia dos territorios americanos, tomando nestes casos ao Apóstolo, que arraigou un culto moi profundo nesas terras, como abandeirado contra o opresor español.
Descriptores Geográficos Arequipa; Puno; Cusco
Lugar de Procedencia Perú
Historia del Objeto <EXPOSICIÓNS>: Un museo en crecemento. Adquisicións 1996-2001 Museo das Peregrinacións e de Santiago. 17 de decembro de 2001 ao 5 de maio de 2002. Caminhando sob as estrelas. Santiago e a peregrinaçâo a Compostela. Tesouro Colexiata Santiago do Cacem, Museo de Arte Sacra, Protugal. 5 de xullo ao 31 de outubro do 2007.
Clasificación Razonada Obra de pratería peruana posiblemente executada en obradoiros de Cuzco, lugar do que proceden pezas de idénticas características, e onde o culto a Santiago estaba moi arraigado. Sen embargo, resulta difícil determinar a súa procedencia exacta, xa que os talleres de Puno e Arequipa están relacionados no plano artístico e a factura da peza responde a modelos estereotipados. Amosa, así mesmo, solucións técnicas de corte artesanal e popular, o cal non obsta para ofrecer un enxeñoso sistema construtivo e decorativo posto en práctica na súa elaboración.
Aínda que algúns aspectos (fundamentalmente, da vestimenta) puideran indicar unha data en torno ao século XVII, a composición e a temática parece apuntar cara principios do século XIX, nun contexto que a situaría en íntima relación coa independencia dos pobos suramericanos. En efecto, esta versión iconográfica de Santiago Mataespañois -iniciada en España como Matamouros na Batalla de Clavijo- indica, sen dúbida, que a súa execución é posterior á época republicana, na que o Apóstolo pasa a abandeira-la oposición contra o dominio español.
Esta obra, en definitiva, pon de relevo a importancia que a iconografía de Santiago cabaleiro acadou en terras americanas, un éxito e unha difusión que transcende o eido relixioso para penetrar no ideolóxico e político.
Bibliografía GIGIREY LISTE, María Esperanza. Santiago Mata-Espanhóis [Escola peruana]. No caminho sob as estrelas: Santiago e a peregrinação a Compostela, direcção de José Antonio Falcão. Santiago do Cacém - Beja: Cãmara Municipal, 2012. Vol. I, p.p. 276-278.

LARRIBA LEIRA, Mariel. Santiago Mataespañois. Un museo en crecemento: Museo das Peregrinacións, adquisicións 1996-2001: exposición conmemorativa do 50 aniversario da creación do museo, coordinación Mª Isabel Pesquera Vaquero. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 2001. pp. 140-141.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Directa
Fecha de Ingreso 01/06/1998
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6